2.2 Deterxente e aditivos. Carga a roupa na
lavadora despois de clasificala por cor,
sucidade e tipo de tecido.
A cubeta ten os seguintes compartimentos:
lavado , prelavado e suavizante
.
Recorda que non debes supera-lo nivel MAX
marcado no compartimento do suavizante.
2.3 Acendido e selección do programa.
Selecciona o programa co mando previa
consulta da táboa de programas.
2.4 Selección de velocidade do centrifugado.
Podes elixi-lo grao de centrifugado ou
eliminalo (2.4.1, 2.4.2). Se seleccionas
Antiengurras/Flot (2.4.3) interrómpese
o lavado antes do centrifugado final e a
roupa queda somerxida en auga. Pulsa
para realiza-lo centrifugado final.
2.5 Funcións adicionais. Fácil pasado do
ferro , aclarado extra e redución
de tempo de programa. Con esta última
función é posible acurta-lo tempo de lavado
de pezas de roupa sintéticas e de algodón.
• Modelos “a” e “c” - Unha pulsación
permíteche reduci-lo tempo de lavado.
• Modelos “b”, “d” e “e” - Pulsando o botón
de redución de tempo reducirá a duración
do programa de lavado seleccionado ata
tres veces. O valor da duración do programa
reducido indicarase na pantalla.
2.6 Retardo horario . Permitirache retrasa-
la hora de comezo do lavado.
2.7 Posta en marcha ou pausa
2.8 Bloqueo . Mantendo pulsada(s) a(s)
tecla(s) durante 3 segundos, actívase o
bloqueo para evitar manipulacións por parte
de nenos. Desactívase mantendo pulsada(s)
novamente a(s) tecla(s) durante outros 3
segundos.
2.9 Proceso de lavado. Podes comproba-la
fase do programa. O tempo restante só se
poderá comprobar nos modelos b,d e e.
Recomendacións de uso: Nada máis instala-
la lavadora, debe facer unha limpeza previa e
comproba-lo seu correcto funcionamento (lavado
normal, sen roupa e a 90ºC). Utiliza unha bolsa
de lavado para pezas de roupa pequenas: panos
de man e roupa interior.
Advertencias de uso:
1. Se paras a lavadora para engadir máis roupa
pulsando , asegúrate de que o nivel de auga
non chegue ó do zapón.
Identificación
Identifica o modelo da túa lavadora (“a”, “b”,
“
c”, “d” ou “e”) comparando o panel de mandos
coas ilustracións.
Este aparato, destinado a un uso exclusivamente doméstico, foi concibido para o lavado da roupa.
Moi importante: Le integramente este manual antes de instalar e utiliza-la lavadora. A documentación
e accesorios, encontraralos no tambor da lavadora.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados co debuxo correspondente.
17
1
Manual de instrucións
0
galego
Instalación
1.1 Desembalaxe (1.1.1, 1.1.2 e 1.1.3). Retira
os parafusos, elementos de ancoraxe e
bloqueo usados para o transporte.
1.2 Conexión á rede de auga (1.2.1, 1.2.2 e
1.2.3). Se a lavadora admite toma de auga
quente conecta a mangueira con racor
vermello á toma de auga quente (1.2.4). Usa
sempre a mangueira nova que se
subministra, eliminando os anteriormente
utilizados.
1.3 Desaugue. Sitúa a mangueira no desaugue
respectando as cotas do debuxo.
1.4 Nivelación. Nivela correctamente a lavadora
para evitar ruídos e desprazamentos.
Recoméndase: 1º, asentar e fixa-las patas
traseiras (1.4.1); 2º, situa-la lavadora no seu
lugar definitivo (1.4.2); 3º, asentar e fixa-las
patas dianteiras (1.4.3).
1.5 Conexión á rede eléctrica. Ten en conta
os datos eléctricos da placa de
características (1.5).
1.6 Instalación baixo encimeira. Se, por
necesidade de encaixe, precisa retira-la
encimeira, contacte co distribuidor ou co
Servizo de Asistencia Técnica.
No caso de encaixe, a caravilla de toma de
corrente deberá ser accesible despois da
instalación.
As dimensións de encaixe serán
600x600x850.
2
Uso
2.1 Apertura do zapón. Abre o zapón.