Groupe Brandt BFL2282BW El manual del propietario

Tipo
El manual del propietario
CA Manual d'instruccions i d'utilització
GA Manual de instrucións e de utilizacn
Congelador - Izozkailua - Conxelador
EU Erabilera-eskuliburua
46
1 Seguridade e medio ambiente
Consignas de seguridade.................................................................................. 47
Respecto do medio ambiente e aforro de enerxía .............................................. 48
2 Descrición do seu aparato
NO FROST: significado e funcionamento........................................................... 50
3 Como efectua-la súa primeira instalación
Inversión do sentido de apertura da porta......................................................... 51
Instalac¡ón do seu aparato............................................................................... 53
Conexión eléctrica............................................................................................ 54
4 Como utiliza-lo seu conxelador
Axuste de temperatura..................................................................................... 55
Twist Ice (en función dos modelos)................................................................... 56
Zonas específicas do conxelador ....................................................................... 57
Produtos conxelados ........................................................................................ 58
Preparación dos alimentos para conxelar........................................................... 58
Guía de conxelación dos alimentos.................................................................... 59
Colocación dos alimentos no seu conxelador ..................................................... 62
Conxelación rápida........................................................................................... 62
Desconxelación dos alimentos........................................................................... 63
Desconxelación automática do seu conxelador .................................................. 63
5 Mantemento do seu aparato
Limpeza do seu aparato ................................................................................... 64
6 Ruídos, molestias ou pequenas avarías
Ruídos de funcionamento considerados normais................................................ 65
Molestias ou pequenas avarías.......................................................................... 65
Esta guía de instalación e utilización do conxelador é válida para varios modelos.
Podendo xurdir eventualmente lixeiras diferenzas entre o seu electrodoméstico e as
descricións presentadas.
Ó le-las instrucións ira encontrando a seguinte simboloxía:
respectar obrigatoriamente as instrucións de seguridade.
perigo de inflamación dun gas.
perigo eléctrico.
consellos e información importante
Índice
GA
47
Este aparato, destinado a un uso exclusivamente doméstico, foi concibido para conservar alimen-
tos.
Respecte imperativamente as consignas seguintes. Refusamos calquera respon-
sabilidade e garantía no caso de non respectar estas recomendacións, o que
podería provocar danos materiais ou corporais.
- Non está previsto que usen este aparato
persoas (incluídos nenos) cuxas capacidades
físicas, sensoriais ou mentais estean reduci-
das, nin persoas que non teñan experiencia ou
coñecemento, salvo se estiveron baixo control
ou recibiron formación previa referente ó uso
do aparato por parte dunha persoa respons-
able da súa seguridade.
- O aparato débese instalar, fixarse se é nece-
sario, e ser utilizado en conformidade coas
instrucións deste manual de instalación e de
uso para evitar calquera dano e os posibles
perigos derivados da súa incorrecta insta-
lación.
Se o aparato foi transportado á súa
casa en posición horizontal, póñao
vertical e agarde dúas horas antes
de enchufalo. Unha pequena can-
tidade de aceite podería correr polo
circuíto de refrixeración e débelle
deixa-lo tempo suficiente para re-
fluír cara ó motor antes de enchufa-
lo aparato, senón pódeo danar.
- Se o seu aparato está dotado de rodiñas,
lembre que só serven para facilitar pequenos
movementos. Non o desprace en longos
traxectos.
- Efectúe a primeira limpeza (ver capítulo
"Instalación do seu aparato") antes de enchu-
fa-lo seu aparato á rede eléctrica. Antes de
calquera operación de mantemento, desen-
chufe o seu aparato. Non tire do cable de
alimentación, agarre directamente o enchufe.
- Non poña nunca recipientes que conteñen
líquidos no conxelador excepto se só están
cheos ós 2/3 da súa capacidade: a conxelación
dilata os líquidos e o recipiente podería estou-
rar.
- Non utilice outro medio diferente ós que re-
comendamos neste manual para acelera-la
desconxelación.
- Non utilice aparatos eléctricos no interior dos
compartimentos, excepto recomendación con-
traria do fabricante.
- Non deixe ós nenos xogar co aparato, afaste
ós animais domésticos.
- Os aparatos usados deben, inmediatamente,
volverse inutilizables. Desenchufe e corte o ca-
ble de alimentación a ras do aparato. Procure
inuti- liza-lo peche da porta ou, mellor aínda,
desmon- te a porta para evitar, por exemplo,
que quede pechado dentro un neno ou un an-
imal xogando.
- Se se producen incidentes que non pode re-
solver cos consellos que lle damos (ver capítu-
lo "Ruídos, molestias ou avarías pequenas"),
chame, exclusivamente, ós centros de servizo
postvenda autorizados ou a un profesional
cualificado.
O circuíto de refrixeración do seu
aparato contén isobutano refrixe-
rante (R600a), un gas natural non
contaminante pero, sen embargo,
inflamable. Durante o transporte e
a instalación do seu aparato, aseg-
úrese de que ningún compo-ñente
do circuíto de refrixeración se dan-
ara. En caso de dano, manteña o
seu aparato lonxe de chamas e de
calquera fonte de calor ou de in-
flamación e ventile o habitáculo
onde se atopa.
Consignas de seguridade
GA
48
Para limita-lo consumo eléctrico do seu apara-
to:
- Instálelo nun lugar apropiado (ver capítulo
"Instalación do seu aparato").
- Conserve a porta aberta o menor tempo
posible. Non introduza alimentos aínda quent-
es no seu conxelador, en particular, se se trata
de sopas ou de preparacións que liberan
unha gran cantidade de vapor.
- Procure manter un funcionamento óptimo do
seu aparato limpando periodicamente o con-
densador (ver capítulo "Mantemento do seu
aparato").
- Controle periodicamente a xunta da porta e
asegúrese de que pecha sempre de maneira
eficaz. Se non é o caso, diríxase ó seu servizo
postvenda.
En conformidade coas disposicións lexislativas
máis recentes en materia de protección e de
respecto do medio ambiente, o seu aparato
non contén C.F.C., senón un gas refrixerante
chamado R600a. O tipo exacto de gas refrixer-
ante utilizado no seu aparato aparece clara-
mente sobre a placa de características que se
encontra no interior do seu conxelador, na
parte inferior do lateral.
O R600a é un gas non contaminante que non
é nocivo para a capa de ozono e cuxa con-
tribución ó efecto invernadoiro é case nulo.
PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE
Os materiais utilizados para o embalaxe deste
aparato son reciclables. Participe na súa reci-
claxe e contribúa así a conserva-lo medio
ambiente tirándoos ós contedores municipais
previstos para eles.
O seu aparato tamén contén mate-
riais reciclables, polo que está mar-
cado con este logotipo que lle
indica que, nos países da Unión Eu-
ropea, os aparatos desbotados non
deben mesturarse con outros residuos. Ac-
tuando así, a reciclaxe dos aparatos que orga-
niza o seu fabricante efectuarase nas mellores
condicións posibles, de acordo coa directiva
europea 2002/96/CE sobre os residuos de
equipos eléctricos e electrónicos. Consulte no
seu concello ou ó seu vendedor para coñecer
onde se encontran os puntos de recollida de
aparatos desbotados máis pretos ó seu domi-
cilio. Dámoslle as grazas pola súa colaboración
na protección do medio ambiente.
Respecto do medio ambiente e aforro de enerxía
GA
49
Descrición do seu aparato
GA
* segundo os modelos
Peza abatible
Zona para os xeados*
Caixón do conxelador
Contraporta
Caixón inferior
Patas regulables
Caixón Maxi box
Twist ice *
Cadro de mando
os cubiños de xeo
Compartimentos para
acondicionada*
Grella de aspiración
Este manual de instalación e de
uso do seu conxelador vale para
varios modelos. Poden aparecer
lixeiras diferenzas de detalles e
de equipos entre o seu aparato e
as descricións presentadas.
Condensador
Bandexa de recuperación de auga
Motor
50
Este aparato concíbese para evita-la acumulación de carazo dentro.
Un sistema interno permite facer fundi-lo carazo, que se transforma
en auga. A auga evacúase a continuación cara a un evaporador.
Grazas a este sistema non teñen que proceder ó desxeo do
seu aparato.
NO FROST: significado e funcionamento
GA
51
A porta adóitase abrir cara á esquerda (bisagra á dereita); se quere abri-la porta cara á dereita, pode modifica-
lo sentido de apertura seguindo as indicacións que se ofrecen a continuación. Para unha instalación correcta,
invitámoslle a que siga con exactitude as indicacións e a secuencia das operacións seguintes:
1. Apoie delicadamente o aparato sobre a parte poste-
rior.
2. Desaparafuse a bisagra inferior (A) e sáquela da porta
(debuxo R1).
3. Desaparafuse o perno da bisagra (conserve os espaza-
dores de plástico que están dentro do perno).
4. Aparafuse o perno no burato da esquerda (B) da
bisagra e introduza os espazadores de plástico.
5. Desaparafuse o parafuso e saque a plaqueta de tope de
rotación da porta (C), xírea e introdúzaa na sede es-
querda da parte inferior da porta facendo sobresaí-la
parte máis curta. Bloquee a plaqueta co parafuso (D)
(debuxo R2).
6. Abra a porta a 45° (Y) e, desprazándoa cara abaixo (F),
saque o perno superior da bisagra (debuxo R3).
7. Quite o perno superior da parte esquerda (H) (debuxo
R4).
8. Quite a plaqueta da parte dereita superior da porta
(LOS) e introdúzaa na sede esquerda.
9. Introduza o perno no orificio situado no nicho da
dereita, na parte superior da porta.
10. Quite a plaqueta de revestimento da bisagra superior e
desaparafuse a bisagra (M) (debuxo R5).
11. Quite a plaqueta de revestimento da parte esquer-
da do taboleiro superior, xíreo e introdúzao na sede
da que se quitou a bisagra (N).
12. Coloque e fixe a bisagra na parte superior esquerda
do produto e introduza a plaqueta de revestimento.
13. Introduza a porta na bisagra esquerda, téndoa
aberta a 45° e péchea no produto.
14. Introduza a bisagra inferior na porta utilizando os
respectivos espazadores e fíxea cos parafusos.
15. Volva a poñer en pé o produto.
Espere dúas horas antes de volver a acende-
lo aparato.
Inversión do sentido de apertura da porta
GA
Debuxo R1
Debuxo R3
Debuxo R2
Debuxo R4
Debuxo R5
52
Reversibilidade do tirador
- Se está presente, quite o revestimento de plástico
(A).
- Desaparafuse o tirador do lado esquerdo e vólvaa
a colocar no lado dereito.
- Efectúe os orificios de fixación (diámetro 2,5 mm)
utilizando como referencia dito tirador.
- Fíxeo utilizando parafusos autorroscantes.
- No caso de que a porta xa teña orificios en ambos
lados:
- Antes de colocala no lado dereito, quite os tapóns
que cobren o orificio.
- Fixe o tirador e introduza os tapóns para cubri-los
orificios no lado esquerdo.
Inversión do sentido de apertura da porta
GA
Debuxo R6
53
Só unha instalación correcta do seu aparato, respectando as prescricións que lle
dá este "manual de instalación e de uso", permitirá conserva-los seus alimentos
en boas condicións e cun consumo de enerxía optimizado.
- Coloque o aparato nun cuarto seco e ventila-
do.
- Ev¡te os balcóns e terrazas: a calor excesiva
do verán e o frío en inverno poderían impedi-
lo funcionamento correcto do seu aparato,
incluso danalo.
- Non o instale preto dunha fonte de calor
coma un forno ou un radiador, por exemplo.
- O seu aparato foi concibido para un funcio-
namento óptimo a certa temperatura ambi-
ente. Dise, entón, que foi concibido para unha
"clase climática" particular. Esta clase climática
aparece claramente na placa de características
situada no interior do seu aparato, na parte in-
ferior do lateral esquerdo. Fóra destas temper-
aturas, os resultados do seu aparato pódense
encontrar diminuídos.
- Manteña unha distancia mínima entre o
aparato e os demais mobles, nos lados de 3 a
5 cm ou de 10 cm pola parte superior para
asegurar unha boa circulación do aire ó redor
do aparato.
- Coloque el aparato a unha distancia adecua-
da da parede mediante topes subministrados
na bolsa de accesorios. Para iso, debe monta-
los topes na parte traseira do aparato (ver
debuxo).
Unha vez instalado o seu aparato, axuste as patas de maneira que estea lixeiramente inclinado
cara atrás: facilitará así o correcto peche da porta.
Antes de coloca-los alimentos, limpe o interior e o exterior do seu aparato con bi-
carbonato de sodio disolto en auga (1 culler sopeira de bicarbonato para 4 litros
de auga). Non utilice alcohol, pos abrasivos ou deterxentes que poderían estraga-
las superficies. Ver capítulo "Limpeza do seu aparato".
Instalac¡ón do seu aparato
GA
Clase
Climática
Temperatura
ambiente
N de +16°C a +32°C
N-ST de +16°C a +38°C
N-T de +16°C a +43°C
SN de +10°C a +32°C
SN-ST de +10°C a +38°C
SN-T de +10°C a +43°C
ST de +16°C a +38°C
T de +16°C a +43°C
54
Para a súa seguridade, é imperativo cumprir coas indicacións que aparecen a
continuación.
A instalación eléctrica debe ser conforme coa Norma NF C 15-100, en particular, para a posta
a terra.
Liña 3x2,5 mm2 mono 230V conectada a :
- un contador 20A mono 230V-50Hz
- un diferencial e un fusible (10 ou 16A segundo modelo)
Non podemos ser considerados responsables de calquera incidente provocado por
unha instalación eléctrica incorrecta.
Consellos para a instalación eléctrica do seu aparato:
- Non utilice prolongador, adaptador ou toma múltiple.
- Non suprima nunca a posta a terra.
- A toma de corrente debe ser facilmente accesible, pero fóra do alcance dos nenos.
En caso de dúbida, contacte co seu instalador.
Se o aparato foi transportado á súa casa en posición horizontal, póñao vertical e
agarde dúas horas antes de enchufalo. Unha pequena cantidade de aceite podería
correr polo circuíto de refrixeración e débelle deixa-lo tempo suficiente para
refluír cara ó motor antes de enchufa-lo aparato, senón, pode danalo.
Proceda á primeira limpeza (ver capítulo "Instalación do seu aparato") antes de
enchufa-lo seu aparato á rede eléctrica. Antes de calquera operación de mante-
mento, desconecte o cable de alimentación eléctrico. Non tire do cable de alimen-
tación, agarre directamente o enchufe.
"En caso de que estea danado, o cable de alimentación deberá ser substituído polo
servizo de asistencia técnica ou outro persoal autorizado, de maneira que se evite
todo risco".
Conexión eléctrica
GA
O seu aparato é conforme coas directivas europeas CEE/73/23 (directiva baixa
tensión) e CEE/89/336 (compatibilidade electromagnética) e CEE/96/57 (eficacia
enerxética) e coas súas modificacións.
55
Descrición cadro de mando
- 1) indicador temperatura: -18° C ; -22° C ; -26° C.
- 2) indicador verde: marcha conxelador.
- 3) termóstato: permite regula-la temperatura.
- 4) botón Super: premer para activar/desactiva-la función Super conxelación.
- 5) led laranxa Super: indica que está en funcionamento a conxelación rápida.
- 6) led vermello: alarma temperatura/porta aberta.
Axuste de temperatura
Ó poñer en marcha o aparato, coloque o termóstato nunha posición intermedia (acenderase o indicador
luminoso "on", así coma un dos indicadores luminosos da temperatura seleccionada). Cando o termós-
tato está na posición Stand-by, o seu conxelador apagarase (o indicador luminoso verde "on" apágase).
Función Super
Esta función permite conxelar totalmente unha gran cantidade de alimentos frescos moi rapidamente.
Parada manual ou automática ó cabo de 52 horas.
Alarma temperatura
O indicador vermello acendido acompañado pola alarma sonora indica que a temperatura no interior do
conxelador é demasiado alta (exemplo: falta de subministración de corrente, avaría, etc.); activa-la
conxelación rápida e controlar que os alimentos que están no conxelador non están desconxelados, nin
sequera parcialmente. O indicador luminoso vermello acendido, acompañado pola alarma sonora,
pódese acender durante un breve período de tempo sen que o acendido indique unha anomalía:
- cando se mantén aberta a porta durante máis dun minuto.
- despois de introducir grandes cantidades de produtos frescos.
O seu aparato está sempre baixo tensión.
Unha apertura prolongada da porta do conxelador provoca unha subida da tem-
peratura interior.
A temperatura interna do seu conxelador depende estreitamente da temperatura
ambiente, da frecuencia de apertura da porta, da cantidade e da temperatura dos
alimentos que poña no seu conxelador.
Axuste de temperatura
GA
5
1
2346
56
O seu conxelador pode estar provisto da
función "Twist ice".
Este equipo serve para fabricar 24 cubiños
de xeo ó mesmo tempo. Saque o recipiente
para cubiños de xeo A tirando dos lados.
- Encha de auga tódolos compartimentos
dos cubiños (debuxo R1). Se os enche par-
cialmente, isto permitiralle extrae-los cu-
biños con maior facilidade e impedirá que a
auga se derrame cando se estea manipu-
lando o recipiente para os cubiños de xeo.
- Volva a coloca-lo recipiente para os cu-
biños de xeo no seu lugar A (debuxo R2)
cos compartimentos dos cubiños cheos de
auga e empúxea cara ó fondo ata o tope.
- Espere, como mínimo, un par de horas.
Despois, xire os tiradores B (debuxo R3) no
sentido das agullas do reloxo, ata que
chegue un momento no que teña que
forzar lixeiramente a posición de fin do
recorrido da rotación. Este movemento per-
mite deforma-los compartimentos que con-
teñen os cubiños e facelos caer no depósito
C (debuxo R4) situado xusto por debaixo.
- Deixe que os tiradores volvan á súa
posición de pausa e repita a operación
varias veces ata que tódolos cubiños caian
no depósito C (debuxo R4).
- Agora, pode extrae-lo depósito de cubi-
ños tirando do tirador. Os cubiños están lis-
tos para o seu uso. Coloque o depósito para
os cubiños C no seu compartimento em-
puxándoo ata o tope.
Twist Ice (en función dos modelos)
GA
Debuxo R2
Debuxo R3
Debuxo R4
Debuxo R1
B
A
A
C
57
O seu conxelador pode estar equipado con
zonas específicas destinadas á conservación
de certos alimentos:
Bandexa para a froita fráxil*
Bandexa móbil (debuxo R1) que se pode
colocar en calquera caixón de anchura
estándar. Esta bandexa permite almacenar
alimentos de tamaño pequeno, froita fráxil
como as grosellas, os arandos, etc.
Contraporta acondicionada*
Esta zona atópase na contraporta do conxela-
dor (debuxo R2). Pódese utilizar para o al-
macenamento de herbas e condimentos
conxelados, caixas de pizza conxeladas, para
as pizzas conservadas ó baleiro; tamén pode
servir para gardar polos, unha vez sacados da
súa embalaxe de cartón.
Recipientes eutécticos*
Este aparato entrégase con recipientes eutéc-
ticos (debuxo 3) que teñen a función de incre-
menta-la autonomía durante os cortes de
corrente e reduci-lo consumo de enerxía. Os
recipientes débense colocar preferentemente
na parte superior do aparato.
*= En función dos modelos
Zonas específicas do conxelador
GA
Debuxo R1
Debuxo R2
Debuxo R3
58
O seu aparato doméstico permítelle conxelar alimentos.
A sobreconxelación é un proceso industrial máis rápido e máis intenso cá conxelación domésti-
ca. Os produtos que compra no comercio son sobreconxelados.
A conxelación non esteriliza. Resul-
ta importante que prepare os ali-
mentos que conxele respectando
algunhas regras simples de hix-
iene: lave as mans antes de toca-los
alimentos, limpe os utensilios de
cociña que acaban de servir antes
de utilizalos de novo.
Conxele só produtos frescos e de calidade.
Remítase ó cadro "Guía de conxelación dos
alimentos" para saber que produtos pode
conxelar e canto tempo pode conservalos.
Limpe as froitas e as legumes antes de conx-
elalos para que conserven a súa cor, aroma,
sabor e vitaminas: bóteos uns instantes en
auga fervendo.
Reparta os alimentos que desexa conxelar en
pequenas porcións individuais correspondent-
es a unha comida. As pequenas porcións
conxélanse totalmente máis rápido.
Embale hermeticamente os alimentos para
evitar que perdan o seu sabor ou se sequen.
Para iso, utilice bolsas de plástico, films de
polietileno, follas de aluminio ou caixas
adaptadas á conxelación.
Se utiliza bolsas de plástico, comprímaas para
bota-lo aire antes de pechalas hermetica-
mente.
Non poña nunca botellas ou acce-
sorios que conteñan líquidos no
conxelador, excepto se están cheos
ó 2/3 da súa capacidade: a conxel-
ación dilata os líquidos e o recipi-
ente podería explotar.
Apunte en cada embalaxe:
- a data de conxelación
- a data límite de consumo
- o tipo de alimento contido
- o número de porcións contidas
Se compra produtos conxelados, cóllaos no
último momento das súas compras.
Verifique ben :
- que a súa embalaxe non está estragada
- que no estean cubertos dunha capa de xeo
(isto significaría que foron parcialmente
desconxelados)
Embáleos nunha bolsa isotérmica ou en papel
de periódico, transpórteos rapidamente e
colóqueos inmediatamente.
Respecte a data límite de conservación indica-
da na embalaxe.
Produtos conxelados
GA
Preparación dos alimentos para conxelar
59
Carne fresca
Aconsellámoslle desconxelar completamente a carne antes de cociñala para evitar que o exterior se coza
máis rapidamente có interior, excepto as pequenas laxas rebozadas, que se poden fritir directamente a
lume lento/medio e carnes fervidas.
Animais de curral
Prepáreos desplumados/esfolados, destripados, eventualmente cortados en anacos, lavados e limpos.
Caza
Prepáreos desplumados/esfolados, destripados, eventualmente cortados en anacos, lavados e
limpos.
Peixe
Guía de conxelación dos alimentos
GA
Produto Validez
Cordeiro anacos pequenos 8 meses
Porco asado 5 meses
Porco costelas 4 meses
Vitela fervida, roastbeaf 10 meses
Vitela filetes, entrecostos, en salsa, xato asado 8 meses
Xato filetes, costelas 10 meses
Carne picada 4 meses
Miúdos 3 meses
Salchichas 2 meses
Produto Validez
Pato 4 meses
Coello 6 meses
Galiña para caldo 7 meses
Oca 4 meses
Polo 10 meses
Pavo 6 meses
Miúdos 3 meses
Produto Validez
Pato salvaxe, galiñola, Faisán 8 meses
Lebre 6 meses
Perdiz, Paspallás 8 meses
Produto Validez Preparación
Carpa
2 meses Escame, baleire, quítelle a cabeza. Lave, limpe e conxele
Lucio
Rodaballo
Salmón
Sarda
Tenca
Troita
Dourada
3 meses
Escame, baleire, quite a cabeza, lave, bóteo durante 30 segundos en auga
fría salgada, limpe e conxele.Linguado
60
Alimentos cociñados
O tempo de conservación dos pratos cociñados diminúe se utiliza touciño ou touciño entrefebrado para
sazona-los pratos. Póñaos directamente no lume ou ó forno, sen desconxelar
.
Legumes
Aconsellámoslle branquea-las legumes ó vapor para que non perdan as súas vitaminas nin as súas
sales minerais na auga de cocción. Así, tampouco necesitará agardar a que estean secos para
conxelalos, basta con agardar a que se arrefríen.
En xeral, as legumes saben mellor se se cocen directamente, sen ser desconxelados. Reduza os tempos
de cocción tendo en conta o branqueamento antes da conxelación.
Guía de conxelación dos alimentos
GA
Produto Validez Cocción de
preparación
Salsa con zume de carne
3 meses
semi-cocción
Salsa de tomate no seu punto
Minestrone con legumes 2 meses sen pasta
Lasañas 4 meses semi-cocción
Asados 2 meses en su punto
Rodajasde ternero 1 meses
semi-cocción
Carnes en salsa 3 meses
Encebolado de caza 2 meses en su punto
Peixe cocido en auga, Peixe ó forno
2 meses semi-cocción
Pementos, berenxenas, cabaciñas recheas de carne
Champiñóns salteados con allo e perexil, pisto de pementos
Espinacas cocidas en agua
Pizza 6 meses no seu punto
Produto Validez Preparación
Tiempo de
branqueamento
Espárragos 12 meses Lave e quite os fíos 2 minutos
Col, coliflor 6 meses Limpe, corte en anacos 2 minutos (1)
Alcachofas
12 meses
Quite as follas externas 6 minutos (1)
Xudías Debulle 3 minutos
Xudías verdes Lave, quite as colas 4 minutos
Champiñóns Limpe 2 minutos (1)
Berenxenas Lave, corte en toros 4 minutos (2)
Pementos (3) Lave, corte en toros, quite as sementes
No branquealos Chícharos, tomates (3)
Debulle e conxele inmediatamente
Colocándoos nunha soa capa e envólvaos
Perexil, asubiote 8 meses
Lave
Espinacas
12 meses
2 minutos
Macedonia para
minestrone (apio,
cenorias, acelgas,
porros, etc.)
Debulle e conxele inmediatamente
Colocándoos nunha soa capa e envólvaos
No branquealos
(1) Bote un pouco de vinagre e de limón na auga da cocción (auga acidulada).
(2) Botar en salmoira antes de proceder á cocción
(3) Durante a desconxelación, estas legumes fanse papas, xa que conteñen moita auga. Aconsellámoslle, pois,
desconxelar unicamente se ten a intención de comelos cocidos.
61
Froitas
As froitas deberanse cubrir de azucre ou de xarope, segundo os casos. A cantidade de azucre que se
debe utilizar para a conservación é de, aproximadamente, 250 g para 1 quilo de froitas. Os xaropes utilí-
zanse con porcentaxes variables; prepáranse facendo ferver auga azucrada. As diferentes concen-
tracións son as seguintes:
- disolución ó 30%, azucre 450 g por litro de auga;
- disolución ó 40%, azucre 650 g por litro de auga;
- disolución ó 50%, azucre 800 g por litro de auga;
Para que a cor das froitas non se altere, bóteas en zume de limón antes de cubrilos en azucre ou bote
zume de limón no xarope. Os recipientes de froitas para conxelar deberán permanecer durante unha
hora no frigorífico antes de introducilos no conxelador. As froitas deberanse cubrir totalmente de xarope.
Pan
Pódese conservar 2 meses. Desconxele no forno a 50°C, acendéndoo despois de poñe-lo pan.
Manteiga e queixo
Conxele a manteiga e o queixo dividíndoos en anacos para un consumo semanal. A manteiga e os queix-
os secos (ex. parmesano) consérvanse 8 meses, os demais queixos: 4 meses. Débense desconxelar no
frigorífico controlando a condensación que se formará sobre estes produtos.
Guía de conxelación dos alimentos
GA
Produto Validez Preparación
Albaricoques 8 meses Lave, desose, xarope ó 30%
Piña
10 meses
Pele, corte en toros, xarope ó 50%
Laranxas Pele, corte en toros, xarope ó 30%
Cereixas Lave, desose, cubra de azucre ou de xarope ó 30%
Fresas
12 meses
Lave, quite o pedúnculo e cubra de azucre
Melón Pele, corte en toros, quite as pebidas, cubra de xarope ó 30%
Melocotóns 8 meses Pele, desose, corte en toros, cubra de xarope ó 50%
Pomelo 12 meses Pele, corte en toros, xarope ó 30%
Zume de cítricos 10 meses Esprema, quite as pebidas, bote azucre a discreción
Cirolas
12 meses
Lave, desose, cubra de azucre ou de xarope ó 50%
Uva Separe as uvas do acio, lave,cubra de azucre ou de xarope ó 30%
Arandos, moras,
grosellas negras,
framboesas, grosellas
10 meses Lave, quite os pedúnculos, cubra de azucre
62
Non poña os alimentos frescos ó lado dos que están xa conxelados para evitar provocar un
aumento da temperatura destes.
O peso máximo de alimentos que pode conxelar por 24 horas aparece na placa de
características (situada no interior da parte frigorífica do seu aparato, no tabique
esquerdo, abaixo) baixo a denominación: "CAPACIDADE DE CONXELACIÓN/
FREEZING CAPACITY (kg/24h)".
A función conxelación rápida permite baixar
rapidamente a temperatura do conxelador ó
máximo co obxectivo de conxelar máis rápido
unha gran cantidade de alimentos frescos (ver
"posta en marcha e axuste do aparato").
O símbolo "SF" aparece no lugar da tempe-
ratura cando se activa a función. Parada man-
ual ou automática ó cabo de 52 horas.
Pode coloca-los alimentos que queira conxelar
en tódolos compartimentos do conxelador.
Non obstante:
- para unha conxelación máis rápida, acon-
sellámoslle que poña os alimentos no primeiro
nivel ou no segundo.
Desta maneira, aproveitará a máxima
potencia de conxelación
- cando o aparato estea equipado con Twist
Ice e/ou zona de xeados (que se sitúan no se-
gundo nivel), aconsellámoslle que poña os ali-
mentos que teña que conxelar no primeiro
nivel ou no terceiro (ver debuxo).
Os alimentos débense conxelar to-
talmente o máis rápido posible para
que conserven as súas vitaminas, o
valor nutritivo, o aspecto e o sabor.
Colocación dos alimentos no seu conxelador
GA
Conxelación rápida
1
2
3
63
Pode desconxelar alimentos de cinco maneiras diferentes:
- poñéndoos varias horas no frigorífico
- deixándoos desconxelar pouco a pouco a temperatura ambiente
- no forno tradicional a moi baixa temperatura (40/50° C)
- no forno microondas
- cocéndoos directamente
A desconxelación no frigorífico é o método máis lento pero el más seguro.
Nunca volva a conxelar alimentos que foran desconxelados, incluso parcialmente,
sen te-los cociñado previamente.
Desaconsellámoslle levar directamente á boca produtos que acabe de sacar do
conxelador (xeados, xeo...): están, entón, a unha temperatura moi baixa e podería
sufrir queimaduras de frío na boca. Evite tocar alimentos conxelados con mans
molladas: poderíanse quedar pegadas. Aconsellámoslle desconxela-los seus ali-
mentos só para un uso inmediato.
A desconxelación do seu aparato é completamente automático.
A auga da desconxelación vai cara a unha bandexa de desaugue, colocada sobre o motor.
O calor desprendido polo motor fai que se evapore o contido desta bandexa.
Desconxelación dos alimentos
GA
Desconxelación automática do seu conxelador
64
Antes de calquera operación de mantemento, desenchufe o seu aparato. Non tire
do cable de alimentación, agarre directamente o enchufe.
Limpeza do seu aparato
Aconsellámoslle, para unha mellor hixiene e un conservación dos alimentos con
toda seguridade, limpar e desinfectar regularmente o seu aparato.
Quite tódolos produtos que contén o seu aparato. Póñaos en bolsas isotérmicas ou embáleos en
papel de periódico e póñaos nun lugar fresco.
Limpe o interior e o exterior do seu aparato con bicarbonato de sodio disolto en auga (1 culler
sopeira para 4 litros de auga). Non utilice alcohol, pos abrasivos ou deterxentes que poderían
dana-las superficies.
Non utilice limpador de chorro de vapor de alta presión. O vapor podería dana-las
superficies e os circuítos eléctricos. Estaría exposto a un risco de electrocución.
Aclare con auga, limpe cun trapo.
Non esqueza, de vez en cando, limpa-lo condensador que se atopa na parte traseira do aparato
(ver capítulo "Descrición do seu aparato"). Para iso, utilice un pincel seco ou, aínda mellor, o seu
aspirador.
Volva a enchufa-lo seu aparato, axuste a temperatura, se é necesario, como se indica no capítulo
"Axuste da temperatura" e prema a tecla "conxelación rápida". Agarde 3/4 de hora antes de volver
a coloca-los alimentos no seu aparato.
Despois de 24 h, desconecte a "conxelación rápida" para parala.
Mantemento do seu aparato
GA
65
Ruídos de funcionamento considerados normais
Para que a temperatura elixida sexa constante, o seu aparato pon en marcha, regularmente, o seu
motor. Os ruídos resultantes son ruídos de funcionamento totalmente normais, diminúen auto-
maticamente en canto o seu conxelador alcanzou a temperatura desexada. Estes ruídos son os
seguintes:
Molestias ou pequenas avarías
Algúns incidentes poden ocorrer durante a utilización do seu aparato. Antes de chamar ó servi-
zo postvenda, verifique mediante o manual se o pode reparar vostede mesmo:
Ruídos, molestias ou pequenas avarías
GA
RUÍDO CAUSA
Zunidos
Proceden do motor. Estes zunidos poden ser brevemente máis
fortes cando se arranca o motor.
Gurgullos ou zunidos lixeiros
Proceden da circulación do fluído de refrixeración na canalización
do seu conxelador.
Clic
Sempre se perciben cando se inicia o termóstato ou cando se para
o motor.
Ruído de fondo lixeiro
Se o aparato está equipado cun ventilador (segundo os modelos),
o aire que circula no interior do aparato xera un pequeno ruído de
fondo.
INCIDENTE CONSELLO
Ruídos inhabituais
- verifique o axuste das patas do seu aparato e a súa estabilidade.
- verifique que non estea en contacto cunha parede.
- verifique que tódalas pezas móbiles (compartimentos, grellas…)
estean no seu sitio.
- verifique que as botellas ou recipientes que colocou no seu
aparato non se toquen.
O conxelador non produce
bastante frío
- verifique que a temperatura estea ben axustada, como se indica
no capítulo "Axuste da temperatura".
- se puxo unha importante cantidade de alimentos no seu
conxelador, procure reaxusta-la temperatura como se indica no
capítulo "Axuste da temperatura".
- procure non abrir demasiado a miúdo a porta do seu aparato ou
non deixala aberta.
O seu aparato non produce
nada de frío
- verifique que a tarxeta electrónica estea acendida.
- verifique que o seu aparato estea ben enchufado.
- verifique que o disxuntor da súa casa non estea cortado, que non
saltou o fusible ou que non se desenroscara.
66
Ruídos, molestias ou pequenas avarías
GA
INCIDENTE CONSELLO
Fórmase xeo no interior do seu
aparato
- procure non abrir demasiado a miúdo a porta do seu aparato ou
non deixala aberta.
As paredes exteriores están
quentes
- é totalmente normal, evita que se forme bafo no exterior do seu
aparato.
Aparecen gotiñas de auga na
parede exterior do seu aparato
- cando a calefacción do seu domicilio non está acendida (por
exemplo, en primavera e en outono) e o aire ambiente está
cargado de humidade, pode ocorrer que un pouco de bafo se
condense sobre as paredes do seu aparato. Non é nada perigoso
e o seu aparato segue funcionando correctamente.
Fórmanse gotiñas de auga ou
de xeo no fondo do aparato
- é totalmente normal. É un lugar particularmente frío e húmido do
aparato, gotiñas de auga e de xeo condénsanse durante o
funcionamento normal do seu aparato. Este xeo é eliminado
regularmente durante as fases de desconxelación automática do
seu conxelador.
A conxelación de certos
alimentos non é completa
- resulta totalmente normal que os alimentos que conteñen moito
azucre, graxa ou alcohol non estean totalmente conxelados e
seguen parcialmente brandos (xeados, zumes...).
As carnes conxeladas
presentan raias brancas
- verifique que a temperatura do seu aparato está ben axustada e
non está sobre unha temperatura demasiado baixa (ver capítulo
"Axuste da temperatura").
- verifique que non conservou estas carnes demasiado tempo no
conxelador mediante a táboa que atopará no capítulo "Guía de
conxelación dos alimentos".
A porta é difícil de abrir
- resulta normal que a porta presente certa resistencia ó abrila, en
particular, cando acaba de pechala: fórmase no seu aparato unha
pequena depresión que serve para asegurar unha perfecta
estanquidade da porta. Basta con agardar uns instantes antes de
volvela a abrir.
A luz dentro do conxelador
está apagada*
*(segundo os modelos)
- verifique que o seu aparato estea ben enchufado.
- verifique que o disxuntor da súa casa non estea cortado, que non
saltou o fusible ou que non se desenroscara.
- verifique que a lámpada non se fundira e remítase ó capítulo
"Cambio da lámpada".
-
Se a luz dos indicadores de temperatura (-18° C, -22° C, -26° C) e
do indicador "ON" é intermitente, significa que a sonda de temperatura
é defectuosa.
Debe poñerse en contacto co servizo postvenda
.
- Se este símbolo se acende, significa que a temperatura no
interior do aparato é demasiado alta. Regule o termóstato a unha
temperatura máis fría.
67
As intervencións que requira a máquina
deberán ser efectuadas:
- polo revendedor.
- ou por calquera profesional cualificado
depositario da marca.
Ó chamar, mencione a referencia completa da
máquina (modelo, tipo e número de serie). Es-
tes datos figuran na placa de identificación
situada na máquina.
174.6281.0
Servizo postvenda
GA
  • Page 1 1
  • Page 2 2
  • Page 3 3
  • Page 4 4
  • Page 5 5
  • Page 6 6
  • Page 7 7
  • Page 8 8
  • Page 9 9
  • Page 10 10
  • Page 11 11
  • Page 12 12
  • Page 13 13
  • Page 14 14
  • Page 15 15
  • Page 16 16
  • Page 17 17
  • Page 18 18
  • Page 19 19
  • Page 20 20
  • Page 21 21
  • Page 22 22
  • Page 23 23
  • Page 24 24

Groupe Brandt BFL2282BW El manual del propietario

Tipo
El manual del propietario