63
g a l e g o
SUPER FÁCIL: suxeitando o cestiño polas
asas laterais, tire con ambas mans de maneira
simultánea cara a arriba (tanto para subir,
coma para baixar) (3.1.2). Asegúrese de que
quede nivelado.
MODELO NORMAL: estando baleiro o
cestiño, retire os topes (3.1.3), extraia o
cestiño (3.1.4), introdúzao á altura desexada e
coloque o tope.
3.2 Introdución da louza.
Asegúrese de que a louza é apta para
lavalouzas.
Non é recomendable introducir pezas de
madeira, barro, prata, aluminio, porcelana
decorada ou plástico non resistente á calor.
Para un correcto lavado, é imprescindible que
a louza estea colocada nos cestiños de
maneira adecuada e sen que as pezas se
toquen entre elas.
O cestiño inferior é para as pezas máis sucias:
cazolas, fontes e pratos.
Empece a carga-lo cestiño desde a parte
exterior (3.2.1). Coloque as cazolas boca
abaixo, os pratos fondos á esquerda e os
planos á dereita.
Se ten soportes abatibles, poderá utilizalos
na súa posición horizontal para pezas
grandes coma cazolas (3.2.2 – 3.2.3).
Coloque os cubertos co mango cara a abaixo
(3.2.4).
Os coitelos e outros utensilios con puntas
aadas débense colocar no cestiño coas súas
puntas cara a abaixo ou en posición
horizontal.
O cestiño superior é para pezas delicadas:
cuncas, vasos, porcelana, cristal e pratos de
tamaño estándar (3.2.5). Hai unha zona
destinada para os cubertos longos e uns
soportes abatibles que na súa posición
vertical serven para copas (3.2.6).
Para o programa “Express” ou a función Carga
Arriba , toda a louza debe colocarse no
cestiño superior (3.2.7). Mentres que, coa
función Carga Abaixo a louza colocarase
no cestiño inferior 3.2.3).
Asegúrese de que ningún obstáculo impida o
xiro dos aspersores (3.2.8) ou a apertura da
tapa do depósito-deterxente.
3.3 Deterxente. Pode ser en pastillas, po ou
líquido. A cantidade que se debe utilizar
detállase na táboa de programas. Verta a
dose necesaria no depósito situado na parte
interna da porta (3.3.1) e cerre a tapa. Nos
programas que requiran unha dose adicional,
deposítea enriba da tapa (3.3.2).
3.4 Acendido (coa porta aberta) .
3.5. Verificación de niveis de sal e
abrillantador.
Sal. Se o piloto está acendido, ten
que reenche-lo depósito. Non debe
utilizar sal se non o necesita (nota
apartado 2.2). No caso de necesitala, siga
os pasos explicados no apartado 2.3, pero
reenchendo de sal totalmente ó depósito.
Se non dispón de indicador luminoso,
deberá repoñe-lo sal cada 20 lavados, no
caso de auga con dureza media.
Abrillantador. Se o piloto está
acendido ou o visor óptico (3.5.1) do
interior da porta ten cor clara, repóñao
sempre ata enche-lo depósito por
completo (3.5.2).
3.6 Selección de programas. Seleccione o
programa coa tecla PROG (2.2.10).
Nos modelos con pantalla (tipo B), aparece
o programa seleccionado (P1, P2…)
3.7 Selección de opcións.
Deterxente TODO en 1 (Só para
modelos tipo A) .
Pulse simultaneamente as teclas e
OPC durante máis de 3 segundos (3.7.1).
Se utiliza deterxentes "TODO EN 1" é
posible que o resultado do lavado e o
secado, así coma os tempos, se vexan
resentidos, principalmente en programas
curtos e/ou con temperaturas baixas.
É importante le-las instrucións do envase
(3.3.3).
No caso de dúbida, consulte co fabricante
do produto de limpeza.
Redución de tempo
Acurta o tempo de lavado e secado. Pódese
utilizar nos programas “intensivo”,
“normal” ou “automático”, “hygienizer” e
“económico”.
Carga arriba/abaixo (duo-zone) .
Utiliza a metade da capacidade do lavalouzas.
Cestiño superior , cestiño inferior , ou
ambos.
Media Carga (1/2)
É igual á Carga arriba (só utiliza o cestiño
superior)
Calquera cambio de programa desactivará as
opcións non compatibles.