29
GL
2 / INSTALACIÓN DO SEU LAVALOUZAS
O aparato debe estar parado no momento da
conexión ó circuíto eléctrico.
Antes de enchufa-lo seu aparato, asegúrese
de que :
- A tensión do sector indicada na placa de
características do seu aparato corresponde á
tensión do sector proporcionada pola súa ins-
talación.
- O seu contador e os fusibles poden soporta-
la intensidade do seu lavalouzas. Precísase un
fusible dun mínimo de 10 amperios.
Se ten que conecta-lo seu aparato a unha ten-
sión de alimentación diferente da indicada no
seu aparato, conecte un transformador apro-
piado.
Consello :
Acuda a un electricista cualificado
para face-las modificacións ou asegúrese de
que a súa instalación eléctrica é conforme.
Este aparato débese conectar de maneira
obrigatoria directamente a unha toma de cor-
rente que inclúa unha terminal de posta a
terra.
En calquera caso, a acometida debe cumpri-
las normas vixentes no país en cuestión, así
como as prescricións suplementarias da
Compañía de Electricidade.
Atención :
A toma de corrente debe permanecer
accesible incluso despois da instalación do
aparato.
O aparato non se debe conectar por medio
dun prolongador eléctrico, unha toma múlti-
ple ou un programador eléctrico diferido
.
Non nos facemos responsables en caso de
accidentes ou incidentes provocados por
unha toma a terra inexistente ou defectuosa.
O seu lavalouzas é conforme coas directivas
europeas 2006/95/CE (Directiva sobre baixa
tensión), 2004/108/CE (Directiva compatibili-
dade electromagnética).
•
Cambio do cable de alimentación
Perigo :
Pola súa seguridade, esta operación
debe
efectuala de forma obrigatoria o servizo pos-
venda do fabricante ou unha persoa habili-
tada e igualmente cualificada co fin de evitar
calquera tipo de perigo.
•
Aparato entregado sen toma de
corrente
Perigo :
Os fíos do cable de alimentación do
seu aparato son de cores, segundo los códi-
gos seguintes :
- Verde e amarelo Terra.
- Azul Neutro.
- Marrón Fase.
En caso de que as cores do cable non se cor-
respondan coa súa toma de corrente, pro-
ceda segundo se explica a continuación: o
cable de cor verde e amarelo debe estar
conectado ó enchufe da súa toma de cor-
rente marcada coa letra E, o símbolo ou
a cor verde e amarela.
O cable de cor azul debe estar conectado ó
enchufe marcado coa letra N ou coa cor
negra.
O cable de cor marrón debe estar conectado
ó enchufe marcado coa letra L ou coa cor
vermella.
CC
• CONEXIÓN ELÉCTRICA
CC